Quen somos
Somos un grupo de nais e pais que compartimos a preocupación pola educación dos nosos fillos e fillas. E aínda que andamos facendo malabares coa conciliación e o tempo libre, poñemos diante participar na comunidade educativa do CPI de Vedra.
Seguro que esta historia resúltache familiar, non?
Poñemos a andar unha nova etapa na ANPA "A Boca" do CPI Plurilingüe de Vedra, coa vontade de ter un papel activo na comunidade educativa, contribuír no que poidamos na educación dos rapaces e rapazas e promover a participación das familias.
E quen é a ANPA? A ANPA es ti: somos cada unha das nais, pais, titores ou titoras do alumnado do CPI de Vedra. A voz das familias é máis forte canto maior sexa a participación na ANPA. Deste xeito, podemos defender os intereses comúns, expresar a nosa opinión e impulsar máis iniciativas e actividades.
Por iso, animámosvos a que vos asociedes e que empreguedes esta ferramenta que é a ANPA para impulsar inquedanzas compartidas, como a defensa da calidade do ensino público, a conciliación, a educación inclusiva, a igualdade e o respecto á diversidade. E estaredes ensinando unha valiosa lección aos cativos e cativas: a importancia de implicarse na mellora da comunidade.
Xunta directiva
- Eliana Martíns Alvela, presidenta
- Lydia Sánchez Álvarez, vicepresidenta
- Patricia Rey Vázquez, secretaria
- Ana Belén Fernández Pereira, tesoureira
VOGAIS
- Antonio Asorey Cacheda
- Vanesa Canosa Domínguez
- Silvia Fernández Cutrín
- José Manuel Hermida López
- Xosefina Rosa Guitián Lema
- Rubén Nogueira González
- Pilar Villaverde Cutrín