As familias do CPI de Vedra (A Coruña) reclaman que a Xunta de Galicia solucione os graves problemas de seguridade e puntualidade no transporte escolar

 

 

Vedra, 22 de setembro de 2022. Os problemas de seguridade e de puntualidade dos autobuses que realizan dúas liñas do transporte escolar do CPI de Vedra están a causar unha enorme preocupación nas familias do alumnado do centro, que leva reclamando á Xunta de Galicia polas incidencias neste servizo desde o inicio do curso. 

Este xoves, 22 de setembro, dous dos vehículos non puideron saír do centro por non reunir as condicións: un porque expulsaba unha importante fumareda e o segundo por non contar con asentos suficientes para todos os nenos e nenas. Isto ocasionou que o alumnado chegase á casa con 45 e 15 minutos de atraso, respectivamente, sobre a hora prevista. Un prexuízo maior para o alumnado de Secundaria, que non ten servizo de comedor, chegase á casa sen xantar case ás 16h. 

É un exemplo máis das graves incidencias que se veñen producindo desde o primeiro día de curso, por parte da concesionaria destas liñas, Monbús, tanto na ida como na volta: retrasos, autobuses que non dispoñen de cinto de seguridade, vehículos avariados que deben ser substituídos, os interiores en condicións insalubres (restos de comida, terra, etc.). 

As familias, a través da ANPA do CPI, vimos poñendo reclamacións diariamente comunicando estes incumprimentos por parte de Monbús. Esiximos que a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, obrigue ao contratista á adecuada organización das liñas, vele pola calidade da prestación do servizo e tome as medidas que correspondan ante estes incumprimentos na execución do contrato. A principal preocupación é a seguridade na que viaxan os nenos, nenas e adolescentes que empregan o transporte escolar para acudir ao centro, que non debesen pagar as consecuencias dun servizo público precarizado. 

 

Contacto da ANPA: info@anpavedra.es  | Eliana Martíns, presidenta (686994089)  | Fina Guitián (604048290)

Descargar nota de prensa en PDF

Novas da ANPA

Minimundos Imaxinarios: O CPI de Vedra énchese de arte e creatividade grazas á Deputación da Coruña

23 Nov 2024 - ANPA

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2023

11 out 2023 - ANPA

Escola de Familias da ANPA de Vedra

20 Abr 2023 - ANPA

Novas do centro

FONDO SOLIDARIO / AXUDAS LIBROS TEXTO E AXUDAS MATERIAL - 2025/26

23 May 2025 - Libros de texto

NOVA CHARLA DA ESCOLA DE FAMILIAS DA ANPA

30 Apr 2025 - ANPA

MENÚ MES DE MAIO

30 Apr 2025 - Comedor

Financiamento do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais
Coa colaboración do Programa de fomento da igualdade da Deputación da Coruña