Escola de Familias da ANPA do CPI de Vedra
20/04/2023
A ANPA "A Boca" do CPI de Vedra pon en marcha unha Escola de Familias, un medio de apoio e relación comunitaria que ten como obxectivo abordar distintos aspectos na crianza e na educación dos nosos fillos e fillas. Nunha sociedade tan cambiante como a nosa, vemos importante crear un espazo dirixido ás familias no que poder traballar as distintas necesidades que xorden na crianza, un espazo de relación e orientación para as familias.
A primeira das sesións leva por título "As necesidades educativas específicas" e nela participarán:
- Beatriz Trigo (Orientadora do CPI Plurilingüe de Vedra)
- Laura Senra (Psicóloga)
- Lorena Cotelo (Terapeuta ocupacional)
A charla terá lugar na Biblioteca Municipal de Vedra o martes 2 de maio de 2023 de 19:00 a 21:00 horas e podes inscribirte no enlace i.gal/EscolaFamiliasMaio
A Escola de Familias da ANPA do CPI de Vedra conta coa colaboración do Concello de Vedra.
Nesta charla ofrecerase un achegamento xeral sobre a atención á diversidade dirixida ás familias, para poder entender a diversidade e o acompañamento aos nenos e nenas con necesidades educativas específicas.
Tamén se explicará o modo no que se atenden no CPI de Vedra as necesidades educativas específicas así como información sobre as becas para necesidade específicas de apoio educativo do Ministerio de Educación.