Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria

11/10/2023

A Xunta Directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de Vedra convoca a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as o luns 16 de outubro, ás 18:45 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria, na Biblioteca Municipal do Concello de Vedra,

Na devandita Asemblea Xeral Ordinaria tratarase a seguinte

ORDE DO DÍA

1- Aprobación da acta da asemblea anterior.

2- Informe das actividades realizadas.

3- Información e aprobación, se procede, das contas e do orzamento para o curso 2023/2024.

4- Información e aprobación, se procede, do programa de actividades para o curso 2023/2024.

5- Información sobre as accións desenvoltas en relación coa problemática do transporte escolar neste curso.

6- Propostas e suxestións.

Saúdos,

A presidenta da ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra

Descarga o borrador da acta anterior