Adquisición de fotos grupais de clase

 
12/02/2024
 
Desde a ANPA A Boca do CPI Plurilingüe de Vedra, co obxectivo de que as familias poidamos ter un recordo da clase dos nosos fillos e fillas, acordamos realizar unha fotografía grupal e facilitar que poidamos adquirila. 
 
Esta foto grupal será de 20x30 cm e virá presentada nun sobre de cartón. 
 
A previsión é facer as fotografías os días 2 e 3 de maio en horario lectivo. 
 
O prezo é de 7€ para as familias socias da ANPA ou 9€ para as non socias
 
Para solicitala é preciso que cubras este formulario por cada un dos alumnos ou alumnas que fagas a reserva, e que nos realices unha transferencia á conta ES93 2080 0320 2230 4000 2641 antes do 30 de abril de 2023. No concepto deberá indicar nome, apelido e curso de cada alumno ou alumna. 
 
Se tes algunha dúbida, podes escribirnos a info@anpavedra.es ou no teléfono 686994089
 

Novas da ANPA

Os recortes no CPI de Vedra

11 Nov 2025 - ANPA

Minimundos Imaxinarios: O CPI de Vedra énchese de arte e creatividade grazas á Deputación da Coruña

23 Nov 2024 - ANPA

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2023

11 out 2023 - ANPA

Escola de Familias da ANPA de Vedra

20 Abr 2023 - ANPA

Novas do centro

Resolución do 5 de febreiro de 2026 que establece instrucións para acreditar a competencia dixital do alumnado de ESO

20 Feb 2026 - Novas de interese

Entroido 2026

19 Feb 2026 - Celebracións

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS 2026-2027

19 Jan 2026 - Admisión-Matrícula

Financiamento do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais
Coa colaboración do Programa de fomento da igualdade da Deputación da Coruña